Inicio Carballo ao día Avisos Aberto o prazo de preinscrición para os...

Aberto o prazo de preinscrición para os campamentos deportivos de verán organizados pola Deputación da Coruña

Martes 7 de maio do 2024

O Concello de Carballo foi incluído na actividade Campamentos deportivos de verán 2024, organizada pola Deputación da Coruña e que se celebrará nas instalacións do I.E.S. Rosalía Mera, no concello da Coruña. Foron adxudicadas ap  Concello de Carballo 12 prazas, para participar na 4ª quenda, dende o 14 ata o 19 de xullo. Á vista do cal

RESOLVO:
Primeiro.- Establecer un prazo de preinscrición para achegar solicitudes, dende o día 2 de maio ata o día 28 de maio de 2024, mediante a correspondente ficha de inscrición, anexa a esta resolución e á que se deberá dar rexistro de entrada no Concello de Carballo.

Segundo.- Adoptar os seguintes requisitos e os que poida establecer a Deputación da Coruña para a admisión e participación nos Campamentos deportivos de verán 2024, nos seguintes termos:

  • Poderán asistir á actividade nas prazas correspondentes ó Concello de Carballo nenos e nenas nados entre o 1 de xaneiro de 2010 e o 31 de decembro de 2015, e con empadroamento no concello de Carballo.
  • Terán prioridade os nenos e nenas que nunca asistiran a campañas de verán ofertadas pola Deputación da Coruña.
  • A cota de participación individual establecida pola Deputación é de 85,00 €, que deberán de abonar unha vez confirmada a praza.
  • No suposto de ter máis solicitudes que número de prazas concedidas, realizarase un sorteo público para adxudicar as mesmas o xoves 30 de maio ás 10:00 h. na Casa do Concello.

Ligazóns

Descargas

Compartir: